Tres altas e un caso novo no brote despois de catro días sen sumar positivos, para 42 contaxiados

Realizáronse 58 PCR nas últimas horas; no Hospital da Costa permanecen dous ingresados con coronavirus

Usuarios nunha praia de Burela. CARLOS CASTRO/EP/GC

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta á Mariña lucense sitúase en 42, dous menos que onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao mediodía deste venres. Os dous positivos menos son o saldo resultante da localización dun novo contaxio e de tres altas.

O número de PCR realizadas nesta última xornada foi de 58, de acordo coas mesmas fontes, das que unha resultou positiva e 57 negativas.

Dos 42 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, concreta o Sergas, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Dúas persoas con Covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña, as mesmas ca onte, e a súa evolución “é favorable”.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 309 persoas confinadas, seis menos que onte.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here