IniciosociedadeOs locais de ocio nocturno da Mariña abrirán con restriccións e libéranse...

Os locais de ocio nocturno da Mariña abrirán con restriccións e libéranse as reunións de ata 25 persoas

Pubs e discotecas retomarán a actividade con aforamentos ao 50% no interior e ao 75% nas terrazas; a normativa estará vixente alomenos unha semana

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia continúa levantando paulatinamente as restriccións adoptadas para previr contaxios no brote da Mariña e permitirá a apertura dos locais de ocio nocturno nos concellos da Mariña con restriccións de aforamento. Así se lles comunicou aos alcaldes este mércores, segundo confirmou o propio Goberno autonómico. Tamén se permitirán as reunións de ata 25 persoas, cando o límite de cidadáns non convivintes estaba até o de agora en dez por agrupamento. Continúa a obrigatoriedade da máscara.

Deste xeito, os locais de ocio nocturno poderán volver abrir de xeito progresivo, aínda que terán que manter os aforamentos limitados ao 50% en interiores e ao 75% en terrazas, cando menos ata a semana que vén, cando se volva revisar a situación epidemiolóxica nos 14 municipios do distrito sanitario –O VicedoOurolViveiroXoveCervoBurelaFozAlfozO ValadouroBarreirosMondoñedoLourenzá, Trabada e Ribadeo-. As modificacións publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG) esta tarde e entrarán en vigor esta medianoite.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), “o número de casos asociados ao brote inicial non creceron en máis dunha semana”, e “os casos que aínda están activos están en corentena, illados e controlados”. Deste xeito, os 14 municipios do distrito sanitario terán dende agora que cumprir a mesma normativa que no resto de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...