InicioEn Profundidade(VÍDEO) ‘A fábrica que será’, derradeira parte das reportaxes audiovisuais sobre Alcoa

(VÍDEO) ‘A fábrica que será’, derradeira parte das reportaxes audiovisuais sobre Alcoa

O Xornal da Mariña repasa nesta terceira entrega os escenarios que poden ter lugar na Mariña en relación a Alcoa, así como as alternativas, fortalezas e debilidades da comarca

Publicada o

- Advertisement -

JUAN MAYA. “Ver a unha persoa de 83 anos que se lle enchen os ollos de auga e che di emocionado: ‘mentres escoite rumbar todo vai ben’; eso é a fábrica para nós“. Con estas palabras arranca a derradeira parte das reportaxes audiovisuais sobre o conflito laboral da fábrica de aluminio en San Cibrao.

A fábrica que será” completa a triloxía de pezas en vídeo e conta coa colaboración de tres traballadores da factoría (Rubén Campo, Víctor C. R. e Jorge Sevilla) e unha familiar (Ángela Castro), o empresario xovense Juan Carlos González, o secretario do Foro Económico da Mariña Adrián Piñón, o ex parlamentario e ex traballador do aluminio Ismael Rego, o xerente de Absa Miguel Neira, e o ex patrón maior de San Cibrao Vicente Vázquez.

Esta terceira entrega versa, principalmente, sobre as fortalezas e debilidades da comarca, o impacto medioambiental da factoría e as consecuencias e posibles alternativas ante o que poida acontecer nos próximos meses coa fábrica de Alcoa nun momento de gran incerteza para os traballadores e as súas familias.

As dúas primeiras partes (“A fábrica que foi” e “A fábrica que é“) están dispoñíbeis para visualizar de balde no YouTube.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...