IniciosociedadeConsulta o protocolo estatal contra o coronavirus que rexerá o curso

Consulta o protocolo estatal contra o coronavirus que rexerá o curso

A máscara a partir dos seis anos e as clases presenciais polo menos ata segundo de secundaria son algunhas das medidas contempladas no acordo entre Goberno e Autonomías

Publicada o

EFE. O Goberno central acordou este xoves coas comunidades unha “Declaración de actuacións coordinadas en Saúde Pública fronte á COVID-19 para os centros educativos durante o curso 2020-21“, que inclúe a máscara a partir dos seis anos e as clases presenciais polo menos ata segundo de secundaria.
Trátase dun documento de 29 medidas e cinco recomendacións para a súa aplicación polas administracións competentes e que poden ser modificadas se a situación epidemiolóxica o requerise.
O protocolo elaborado pola Xunta de Galicia, coas competencias en materia de educación, de cara ao inicio do curso desatara as críticas das familias ao consideralo insuficiente para garantir unha voltas ás aulas segura. Finalmente chegouse a un acordo a nivel estatal para poñer en común unha serie de medidas. Estas son as principais medidas acordadas para o curso que arrinca a próxima semana:

DISTANCIA DE 1,5 METROS

Manterase unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros, de forma xeral.

AULAS BURBULLA EN INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

En infantil e no primeiro ciclo de primaria o alumnado organizarase en grupos de convivencia estable ou aulas burbulla (idealmente, de 15 alumnos) para que poidan socializar e xogar entre si. Nestes casos, non se aplicará limitación de distancia.

USO DA MÁSCARA

O uso da máscara será obrigatorio a partir dos seis anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersoal.

ACTIVIDADE PRESENCIAL ALOMENOS ATA 2º DA ESO

A actividade lectiva será presencial para todos as etapas, priorizándoa para o alumnado de menor idade, polo menos ata o segundo curso da ESO (ao principio, o Goberno fixaba ata cuarto da ESO).

LIMPEZA E HIXIENE DE MANS

Hixiene de mans frecuente e meticulosa, polo menos cinco veces ao día. O alumnado recibirá educación para a saúde. Intensificarase a limpeza dos centros, en especial nos baños e de lugares de maior uso. Ventilaranse con frecuencia as instalacións, polo menos durante 10-15 minutos.

POSTOS FIXOS NOS COMEDORES E DISTANCIA INTERPERSOAL

Os comedores permitirán a distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros, salvo no caso de alumnos pertencentes a un mesmo grupo de convivencia estable. Os alumnos terán postos fixos durante todo o ano.

TRANSPORTE ESCOLAR

No transporte escolar será obrigatorio o uso da máscara a partir de seis anos e recomendable de tres a cinco anos.

APOIO AO ALUMNADO NEAE E SEN RECURSOS

Os centros manteranse abertos durante todo o curso, asegurando os servizos de comedor, así como o apoio educativo a menores con necesidades especiais ou de familias socialmente vulnerables, a condición de que a situación epidemiolóxica o permita. O persoal que traballe no centro reducirá ao imprescindible a súa permanencia no mesmo e promoverase a realización telemática das actividades non lectivas que así o permitan.

MEDICIÓN DE TEMPERATURA CORPORAL PREVIA

Todos os centros deberán designar a unha persoa responsable para os aspectos relacionados coa COVID. Tomarase a temperatura corporal a todo o alumnado e ao persoal de forma previa ao comezo da xornada (no ámbito familiar ou escolar). Se se realiza no centro será evitando aglomeracións e asegurando o mantemento da distancia mínima interpersoal.

PROTOCOLO PARA ALUMNADO CON SÍNTOMAS

As persoas que teñan síntomas compatibles con Covid-19 non acudirán ao centro, xa sexan parte do alumnado, profesorado ou outro persoal. Caso sospeitoso será calquera alumno ou traballador do centro cun cadro clínico de infección respiratoria aguda de aparición súbita de calquera gravidade que cursa, entre outros, con febre, tose ou sensación de falta de aire. Se a persoa desenvolve síntomas no centro colocaráselle unha máscara cirúrxica, levaráselle a un espazo separado, e contactarase coa persoa responsable do manexo da pandemia no centro educativo e cos familiares.

BROTES: CATRO ESCENARIOS PARA DECLARAR O PECHE DO COLEXIO

Considerarase que hai un brote nun colexio se se detectan tres ou máis casos de contaxios. Haberá catro escenarios sobre abrochos que poden implicar o peche de aulas e do propio colexio: se se produce nunha aula, se se detecta en varias aulas sen vínculo epidemiolóxico, se é en varias aulas con vínculo epidemiolóxico e, por último, se aparece no contexto dunha transmisión non controlada.
Ante unha transmisión non controlada no centro os servizos de saúde pública das comunidades poderán decidir o peche temporal do centro (non será necesario contar co visto e prace de Sanidade nin celebrar un Consello Interterritorial como propoñía primeiro o Goberno), inicialmente durante 14 días. Os alumnos contaxiados deberán permanecer en illamento domiciliario e deberase proceder a identificar os contactos para que garden corentena.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...