O Concello comunica a Seprona a aparición de troitas mortas no Xunco

Segundo o goberno municipal, nunha primeira análise "queda descartado" que a causa da mortandade "poida estar relacionada co funcionamento das depuradoras que operan na zona"

Presa de Sargadelos. MIGUEL GIRÓN

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, acompañados de técnicos municipais, desprazáronse na mañá deste venres ata as inmediacións do Río Xunco, onde puideron constatar en primeira persoa, e tras ser alertados por un veciño do lugar, a presenza de varias troitas mortas no seu curso.

O último lugar no que se detectan os peixes mortos é na contorna da presa de Sargadelos; e “nunha primeira análise queda descartado que a causa poida estar relacionada co funcionamento das depuradoras que operan na zona”, indica o executivo municipal.

“Desde o Concello xa puxeron en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) os feitos e agardan que desde o Seprona poidan esclarecer canto antes a causa desta mortaldade”, finaliza.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here