IniciosociedadeA Xunta recúa e opta por un inicio do curso gradual; o...

A Xunta recúa e opta por un inicio do curso gradual; o alumnado deberá levar dúas máscaras

O alumnado de Infantil e Primaria, segundo o nivel, comezará a actividade escolar o 10 e 11 de setembro; nos institutos o exercicio arrincará entre os días 16 e 18

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia decidiu finalmente reformular o inicio do curso este ano. O calendario mantén o arranque da actividade para partir do 10 de setembro pero a incorporación do alumnado será gradual e por niveis, ao longo de diversos días, unha medida similar á que se adoptou noutros territorios como Euskadi ou a Comunidade de Madrid.

Deste xeito, o mesmo 10 de setembro volverán aos centros os alumnos de 4º e 5º de infantil; 1º, 2º e 3º de primaria e educación especial, mentres que ao día seguinte será a quenda de 6º de infantil e de 4º, 5º e 6º de primaria.

O 16 de setembro, pola súa banda, acudirán a clase os estudantes de 1º e 2º de secundaria, 1º de bacharelato, e 1º de FP Medio e Superior; o 17 farano en 3º de ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP Medio e Superior; e a incorporación completarase o 18 con 4º de ESO e FP Básica.

A Xunta publicou este luns o protocolo con instrucións para o inicio de curso que incorpora o acordo alcanzado a semana pasada na reunión das comunidades autónomas e os Ministerios de Sanidade e Educación, ademais das últimas decisións do comité clínico que asesora ao Goberno sobre a evolución da pandemia provocada pola COVID-19.

En relación ao uso das máscaras, os alumnos deberán levar, ademais da de uso obrigatorio, unha segunda que poder utilizar en caso de ser necesario, así como un estoxo para gardar a máscara cando non se utilice, como podería suceder no comedor durante o consumo de alimentos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...