InicioEconomíaUGT non recoñece o proceso de venda e insta ás Administracións a...

UGT non recoñece o proceso de venda e insta ás Administracións a obrigar a Alcoa “a deixar a planta”

O sindicato asegura que a propietaria de Aluminio "nunca quixo vender" e rexeita "a finalización" das negociacións; reclama a Xunta e Goberno que obriguen á titular a acceder ao traspaso

Publicada o

- Advertisement -

A Federación de Industria, Construción e Agro (FICA) de Galicia de UGT emitiu este venres un comunicado de prensa no que manifesta “non recoñecer” o período de consultas de seis semanas aberto por Alcoa para abordar a compra-venda da planta de aluminio co potencial investidor, Liberty House, “e polo tanto a finalización do mesmo”. O sindicato asegura que “o que fixo a propietaria das instalacións foi enganar a todos os traballadores da factoría da Mariña Lucense facéndolles crer que estaba aberta a unha posible operación pero a realidade era outra. Nunca pensou en vender”, critica a central sindical, que chama a Xunta de Galicia e Goberno central a “intervir xa” no conflito laboral.

No tocante ao acordo entre Alcoa e os sindicatos para suspender durante seis semanas o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado na planta, “o que sucedeu é que se viu condicionada polas Administracións, tanto a central como a Xunta, porque hai un comprador viable e viuse obrigada a cubrir un expediente abrindo un trámite de venda no que nunca creu e ao que non estaba disposta, así o demostraron os acontecementos”.

Para UGT-FICA-Galicia, “este foi un xeito de actuar pouco ético e con mala fe por parte dunha empresa como Alcoa e que constituíu unha auténtica mofa para os seus traballadores, os seus representantes e para as propias Administracións. Chegado este punto”, expón o sindicato, “non recoñecemos o devandito período de consultas, nin,
polo tanto, o seu peche, e instamos tanto ao Goberno central como á Xunta de Galicia a que interveñan e obriguen xa á titular das instalacións a vender, deixar entrar a un novo investidor que garanta un proxecto de futuro para a planta de San Cibrao e para os seus traballadores e a que, polo tanto, abandone as instalacións“.

O DOMINGO REMATA O PRAZO PARA UNHA VENDA

O prazo para un acordo de compra-venda entre Alcoa e Liberty House finalizaría o 27 de setembro. De non haber pacto entre a vendedora e a empresa compradora, a titular da planta de aluminio e os sindicatos retomarían o día 28, en Madrid segundo a convocatoria “preliminar” da multinacional estadounidense, o período de consultas do despedimento colectivo, que ameaza os empregos de 534 traballadores na fábrica e doutros 400 na industria auxiliar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...