Ramón González Rey/EFE. O secretario xeral de Industria, Raül Blanco, mostrouse este martes convencido de que Alcoa pretende “unha morte por capítulos” da industria do aluminio no país, primeiro coas vendas da Coruña e Avilés e agora coa factoría lucense de San Cibrao, onde en menos de quince días a multinacional do aluminio deberá decidir sobre o despedimento colectivo permanente.
“Estanse estudando todas as medidas que o ordenamento xurídico nos permite para que haxa un proxecto industrial viable na fábrica de San Cibrao“, destacou Blanco no programa radiofónico ‘O Compás de Galicia‘ de Onda Cero. Neste espazo, acentuou de “indecente” a actitude da multinacional estadounidense, que se negou a vender tanto a Liberty House como á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e tampouco sacou adiante un axuste de emprego (ERTE).
“SE AS CUBAS SE PARÁN SERÁ RESPONSABILIDADE DE ALCOA”
Sobre o prazo de 15 días aberto por Alcoa para o proceso de despedimento colectivo, Blanco dixo que “a empresa deberá valorar se na súa actuación declara mala fe durante todo o proceso, se está en condicións de tomar decisións dese tipo e isto que lle vai supoñer; non será un proceso fácil para ninguén”, advertiu.
Explicou que están vixiantes por se se producen incumprimentos que derivarían na petición do Goberno de que devolva as axudas recibidas estes anos.
PON EN DÚBIDA O FUTURO DA REFINERÍA DE ALÚMINA
NON SE PRONUNCIA SOBRE A EXPROPIACIÓN
SEN DATA PARA O ESTATUTO
Sobre o estatuto das electrointensivas, Blanco non avanzou unha data, máis alá da comprometida do mes de “outubro. Está nos últimos trámites de consulta coa UE; o marco comunitario é moi rigoroso neste aspecto e queremos un marco enerxético estable para anos”, zanxou.
AVILÉS E A CORUÑA, PRECEDENTES
Alcoa xa vendeu o ano pasado ao fondo suizo Parter Capital as plantas que tiña en Avilés e A Coruña, logo dun longo proceso que arrincou a finais de 2018 cando a multinacional estadounidense anunciou a súa intención de pechar as dúas fábricas, que xustificou polos altos custos da electricidade en España, a necesidade de facer fortes investimentos nas plantas e a difícil conxuntura nos mercados de aluminio.
Pero Parter Capital non tardou en desfacerse das dúas plantas de Alcoa, que foron adquiridas polo Grupo Riesgo xa baixo a denominación de Alu Ibérica. O grupo garantiu en principio o mantemento do emprego e anunciou un investimento de 250 millóns en cinco anos nas instalacións, pero as dúbidas sobre a existencia dun plan industrial provocou as protestas dos traballadores, que pediron ao Goberno central que as interveña.