IniciosociedadeA Xunta aplicará restricións de nivel 2 en toda Galicia desde o...

A Xunta aplicará restricións de nivel 2 en toda Galicia desde o xoves, limitando as reunións a 5 persoas

Á espera da publicación no DOG, os aforamentos poderían reducirse ao 50% nos locais comerciais, de restauración e hostelería, onde estaría prohibido o consumo en barra

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento do nivel 2 de restricións en toda Galicia, onde ademais se limitarán as xuntanzas a grupos dun máximo de cinco persoas, tanto en reunións privadas como na vía pública, a fin de evitar a propagación do coronavirus.

Neste senso, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma fica no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforamentos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais, segundo expón a Xunta de Galicia a través dun comunicado de prensa.

Nos concellos nos que se aplicou o nivel 2 limitáronse os aforamentos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostelería, onde se prohibiu o consumo en barra. Así, aplicaríase o mesmo límite en bibliotecas, academias, autoescolas e centros de ensino non regulado. Así mesmo, reduciríanse os topes de afluencia en celebracións, velorios e lugares de culto.

MÁIS DE 5.200 CONTAXIADOS E 836 FALECEMENTOS

Entre as decisións adoptadas pola Xunta de Galicia, e tras constatar o aumento de contaxios -con 836 falecidos- tamén decidiu incrementar até o nivel 3 de restricións no concello de Santiago e na localidade do Milladoiro, onde ademais as xuntanzas ficarán restrinxidas a persoas conviventes.

A pesar da mellora que presenta a evolución epidemiolóxica nos concellos de Ourense e Barbadás, ambos continuarán a manterse no nivel 3 de restricións, xunto coa limitación de xuntanzas exclusivas entre conviventes e o peche da mobilidade perimetral entre os dous concellos, xa en vigor desde o pasado 7 de outubro.

Unha das novidades introducidas no día de hoxe foi elevar ao nivel 3 de restricións aos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, onde se establecerá un peche de mobilidade perimetral que só permitirá desprazamentos entre os mesmos. Ademais as xuntanzas entre persoas nestes concellos ficará limitada só a persoas conviventes.

Seguindo na provincia de Ourense, restrínxense todas as actividades “non esenciais” nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, ao considerar preciso reforzar as medidas de prevención co obxecto de evitar a propagación do virus nestes municipios. Así mesmo, continuarán coa restrición de mobilidade perimetral xa establecida e coa limitación de xuntanzas entre de grupos de persoas conviventes.

Todas estas medidas, que se publicarán mañá no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor dende as 00.00 horas do xoves.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...