IniciosociedadeDúas novas mortes elevan a cinco as vítimas do brote de Covid-19...

Dúas novas mortes elevan a cinco as vítimas do brote de Covid-19 na residencia de Cervo

Nas últimas horas faleceron dúas usuarias que permanecían ingresadas no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Dúas mulleres, usuarias da residencia de San Cibrao (Cervo) e de 89 e 92 anos, faleceron nas últimas horas -unha delas de madrugada e outra na mañá do sábado- no Hospital Público da Mariña, onde permanecían ingresadas, segundo confirmaron fontes de Edad Dorada Mensajeros de la Paz, empresa concesionaria do xeriátrico, de titularidade municipal. Ambas contraeran o coronavirus e padecían patoloxías previas, segundo a concesionaria do servizo.

Deste xeito elévanse a cinco as vítimas mortais dentro do brote de Covid-19 localizado na residencia da Veiga. Trinta e cinco usuarios do xeriátrico están contaxiados, doce deles hospitalizados, e hai confirmados outros 14 casos entre o persoal.

RECONTO

Os positivos nas residencias lucenses son os seguintes:

MAIORES

35 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia DomusVi Monforte

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

23 Residencia Domusvi Bóveda

5 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
2 Residencia DomusVi Chantada

14 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
2 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
2 Residencia Nosa Señora do Carmen (Sober)

1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

3 Residencia DomusVi Viveiro 

12 Residencia Domusvi Bóveda
4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

A PROVINCIA REBASA OS 1.150 POSITIVOS, CON 99 CASOS NOVOS

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.157, 48 máis ca na anterior actualización, segundo o Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse a través de PCR un total de 99 positivos novos, de acordo coa mesma fonte, e un falecemento, aos que se suman as dúas mortes anteriormente mencionadas, e non incluídas no reconto, pechado ás 18.00 horas do pasado día 6 de novembro.

Dos 1.157 contaxiados daquela, 50 permanecían ingresados. O Hospital Público da Mariña atendía a 16, por 31 hospitalizados no HULA -entre eles os catro da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos-. O centro hospitalario de Monforte coida de tres pacientes con Covid-19.

No histórico da provincia documéntanse 102 falecementos (que aumentan a 104), 3.603 altas e 4.861 positivos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 85.073 PCR, o que implica que nas últimas horas efectuáronse un total de 942 probas.

Respecto da situación epidemiolóxica, Viveiro e Burela -que inician hoxe o confinamento perimetral dun mes e o peche da hostalería- permanecen xunto con Cervo en alerta vermella, por máis de 21 casos confirmados nos últimos sete días. O Valadouro, Foz e Xove están no nivel 1 de advertencia, con entre 7 e 14 positivos localizados nese mesmo prazo.

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da Mariña localizáronse tres novos positivos e déronse tres altas.

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

BURELA E.I. Burela (Xunta) 1/1/0

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 7/1/0 (un máis)

BURELA IES Monte Castelo 4/0/0 (un máis)

BURELA IES Perdouro 2/0/0

FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 2/0/0

FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 2/0/0

FOZ IES de Foz 1/0/0 (novo)

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1/0/0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 2/0/0

VIVEIRO CEP Lois Tobío 1/0/0 (unha alta)

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2/0/0

VIVEIRO IES Vilar Ponte 1/0/0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 2/0/0

XOVE IES Illa de Sarón 2/0/0 (unha alta)

Tamén recibiu a alta unha persoa positiva do Ceip de Celeiro.

GALICIA ACHÉGASE AOS 1.000 FALECIDOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.276, deles 1.886 son da área da Coruña, 1.157 da de Lugo, 1.096 da de Ourense, 1.229 da de Pontevedra, 2.530 da área de Vigo, 1.289 da de Santiago e 1.089 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 84 están en Uci, 495 en unidades de hospitalización e 9.697 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.955 persoas curadas, rexistrándose 976 falecementos. O número de PCR realizadas é de 738.753.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...