IniciosociedadeUnha usuaria da residencia de San Cibrao que contraera o virus falece...

Unha usuaria da residencia de San Cibrao que contraera o virus falece no Hospital da Mariña

A falecida, de 84 anos, é a sexta vítima mortal do brote de coronavirus no xeriátrico de Cervo

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 84 anos, procedente da residencia de San Cibrao e diagnosticada de coronavirus, faleceu na madrugada do pasado luns ao martes no Hospital Público da Mariña, segundo confirmaron fontes de Mensajeros de la Paz, empresa concesionaria do xeriátrico cervense.

Deste xeito, elévanse a seis o total de vítimas mortais do brote de Covid-19 localizado na residencia, onde máis dunha trintena de usuarios -entre eles dez ingresados, despois de que se producisen dúas altas hospitalarias- permanecen infectados, así como 14 traballadoras. Outras dúas obreiras permanecen de baixa, en illamento malia non ser positivas.

Dúas mulleres, de 89 e 92 anos, os pasados días 6 e 7 de novembro; outra anciá, de 91, o 3 deste mes; e unha muller de 89 anos e un home de 81, o pasado día 1, foron as anteriores vítimas mortais do abrocho.

Segundo expoñen fontes de Mensajeros de la Paz, este martes realizaranse probas serolóxicas a nove residentes “que non presentaron ningún tipo de sintomatoloxía”. Con respecto ao resto de usuarios positivos, agardarase posiblemente ao venres, cando se cumprirán dez días da anterior análise, para efectuar novas PCR.

Estes son os positivos localizados nas residencias da provincia de Lugo:

MAIORES

34 Residencia San Cibrao (Cervo)

6 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

4 Residencia DomusVi Monforte

5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

23 Residencia Domusvi Bóveda

15 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

TRABALLADORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea (Castro de Rei)
2 Residencia DomusVi Chantada

14 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

1 Residencia Hogar San José (Monforte de Lemos)
5 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
2 Residencia Nosa Señora do Carmen (Sober)

1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

2 Residencia DomusVi Viveiro

10 Residencia Domusvi Bóveda
4 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...