Un tripulante do pesqueiro Siempre Antares, con base no porto de Celeiro, foi evacuado “por insuficiencia respiratoria” polo Helicóptero Helimer 402 ao aeroporto de Alvedro, de onde foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). O pesqueiro volvía de Gran Sol, e o rescate produciuse 72 millas ao norte de Cabo Ortegal.
Evacuación médica de tripulante del pesquero Siempre Antares (15 tripulantes), procedente de Gran Sol y a 72 millas N de Cabo Ortegal, por insuficiencia respiratoria. CCS Finisterre moviliza Helimer 402 para su traslado a Alvedro, donde espera ambulancia #SeguridadNautica pic.twitter.com/Nru59ZsYjO
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) November 11, 2020
Os restantes 14 tripulantes do buque permanecen confinados no mesmo, no peirao celeirense. Este xoves sometéronse a probas PCR para descartar posibles infeccións de coronavirus, segundo concreta o Servizo Galego de Saúde (Sergas), dado que o mariñeiro foi evacuado por síntomas compatibles coa doenza. Por agora, de acordo coas mesmas fontes, descoñécese a diagnose da persoa hospitalizada.