InicioEconomía(AVANCE) O TSXG declara nulo o ERE de Alcoa

(AVANCE) O TSXG declara nulo o ERE de Alcoa

O Alto Tribunal galego aprecia "mala fe" no despedimento colectivo presentado en aluminio, que suporía a parada das cubas e a supresión de 524 empregos na planta

Publicada o

- Advertisement -

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nulo o expediente de regulación de emprego (ERE) presentado por Alcoa na planta de aluminio de San Cibrao, un despedimento colectivo que suporía a parada das cubas de electrólise do complexo industrial e afectaría a 524 traballadores da fábrica, cunha afectación noutros alomenos 400 postos de traballo nas empresas auxiliares, segundo estiman os sindicatos. O Alto Tribunal galego aprecia “mala fe” na medida empresarial, segundo expuxeron fontes do TSXG, de xeito que dá a razón ás centrais CC OO, CIG e UGT, demandantes no proceso.

Trátase do segundo revés xudicial que encaixa Alcoa, despois de que o TSXG estimara en parte as medidas cautelares solicitadas polos sindicatos, prohibíndolle parar as cubas de electrólise. Unha prohibición que se consolida, pois só era efectiva ata que houbese sentenza sobre o despedimento colectivo.

Comité de empresa, sindicatos, Goberno central e Xunta de Galicia e a poboación da Mariña Lucense reclamaron a Alcoa ao longo dos últimos meses que acepte unha venda das instalacións. De negarse tamén a un traspaso malia os revés xudiciais, os traballadores reclaman a intervención pública da planta. Contra a sentenza, segundo concreta na mesma o propio TSXG, só cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...