O número de casos activos de coronavirus sobe a 382, doce máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este 25 de decembro polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas detectáronse 23 positivos novos por PCR.
Dos 382 contaxiados, 13 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña coida de tres pacientes con Covid-19, o HULA nove -entre eles os tres da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e o centro hospitalario de Monforte un.
No histórico da provincia documéntanse 144 defuncións, 6.376 altas e 6.904 casos acumulados. Fixéronse 121.740 PCR, o que implica que desde a anterior actualización efectuáronse 948 probas.
No tocante á situación epidemiolóxica, Viveiro conta 53 positivos novos nos últimos 14 días, por 26 de Xove. Burela conta 16 e Ribadeo dez. Só Mondoñedo e Lourenzá están libres de Covid-19; o resto dos municipios mariñaos teñen entre un e nove positivos confirmados nas últimas dúas semanas.
NOVO CASO NO XERIÁTRICO DE TRABADA
Tres positivos de usuarios e catro novos de traballadores foron detectados nas últimas horas na residencia de Xove.
MAIORES
1 Residencia San Cibrao (Cervo)
1 Residencia San Salvador (Guntín)
3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
1 Residencia de Trabada
3 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
2 Residencia San Salvador (Guntín)
11 Residencia Asilo de Vilalba
5 Residencia San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)
1 Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria
En Trabada, a Deputación de Lugo comunicou que realizará mañá saábado un total de 54 probas PCR: 27 a residentes e 27 a traballadores.