IniciosociedadeO BNG reclama incluír 20 millóns nos orzamentos da Xunta para a...

O BNG reclama incluír 20 millóns nos orzamentos da Xunta para a intervención de Alcoa

Os nacionalistas insisten na necesidade dunha "discriminación positiva" para A Mariña dada a situación do complexo industrial e tralos sucesivos peches pola Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

Ana Ermida, responsable comarcal do BNG, e Daniel Castro, deputado mariñao no Parlamento de Galicia, compareceron este sábado en Foz en rolda de prensa xunto con cargos orgánicos e institucionais para dar conta das emendas aos Orzamentos da Xunta 2021 presentadas pola formación nacionalista no que tén a ver coa comarca.

Tanto o deputado como a responsable comarcal dos nacionalistas incidiron de novo na necesidade dunha “discriminación positiva” para A Mariña, despois dun “ano crítico” no que esta comarca “viviu e vive angustiosamente” a situación da factoría de aluminio de San Cibrao, nun ano condicionado tamén pola pandemia da Covid-19 e moi especialmente nesta comarca, “con importantes consecuencias económicas ademais das de índole sanitaria, e nun contexto tamén de recortes sanitarios que siguen estando á orde do día desde que Feijóo suprimíu a Área Sanitaria da Mariña. A Mariña non pode ser condenada á irrelevancia unha vez mais polo goberno do PP na Xunta”, manifestou Ermida, quen planteou como urxentes e necesarias moitas demandas dos concellos que non se ven reflectidas no documento orzamentario.

INFRAESTRUTURAS

Así, a nivel municipal, o BNG reclama fondos para a o desenvolvemento do Polígono Industrial do Valadouro, “asunto do que a Xunta leva anos desentendéndose”, e mais a construcción dun Centro de Día público nese concello. A ampliación da Escola Infantil Galiña Azul en Foz é outra das demandas, xunto co dragado do Porto de Tupide e mais a mellora da canle de acceso ao Porto de Foz.

Tamén se demandan actuacións necesarias en infraestruturas rurais colectivas nos terreos de concentración parcelaria de Mondoñedo.
Para Burela solicítase a cuberta das pistas polideportivas dos centros educativos da vila e mais a construcción da nova EDAR, con cantidade suficiente para que sexa unha realidade nos vindeiros anos, así como o dragado do Encoro de Rúa, desde donde se abastecen Burela e Cervo.
O saneamento da zona costeira e da zona interior de Barreiros, así como a construcción da EDAR en San Miguel de Reinante, para a que Augas de Galicia ten xa proxecto, son “necesidades urxentes que a Xunta sigue sen atender”, apunta o BNG. Tamén se demanda o remate da pasarela do Ceip de San Miguel, así como a rexeneración medioambiental e posta en valor do río Masma.

ALCOA

Castro fixo fincapé na “discriminación negativa” que o PP practica con A Mariña nestes orzamentos, manifestando que “A Mariña representa o 33% do PIB na economía provincial e sen embargo non chega nin ao 20% nos investimentos, e esto non o podemos consentir”. Neste sentido desde a formación frontista presentouse unha emenda para que a Xunta de Galicia participe conxuntamente co Estado na intervención pública de Alcoa, “algo ao que o PP votou a favor no Congreso”. A proposta é que a Xunta destine 20.000.000 euros a tal fin. Referíuse tamén Castro á VAP San Cibrao-Ferrol, para a que se demanda “cantidade suficiente para desenvolvela nun corto espazo de tempo, despois de levar décadas esperando por ela”.

SANIDADE

E en temas sanitarios, o BNG segue a demandar a mellor a da asistencia primaria e do servizo de pediatría en toda a comarca, creación de prazas de enfermeiros escolares e tamén enfermeiros especialistas en obstetricia en xinecoloxía. A proposta nacionalista é incrementar en 2.000.000 euros para a Mariña a consignación orzamentaria para a Atención Primaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...