InicioEconomíaO Goberno cita aos sindicatos o 6 de abril para abordar a...

O Goberno cita aos sindicatos o 6 de abril para abordar a situación da planta de aluminio

Os traballadores solicitaran unha reunión "urxente" ao non haber avances no proceso de venda

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao anunciou este venres que o Ministerio de Industria convocou aos sindicatos o vindeiro 6 de abril, martes, para unha reunión a fin de abordar a situación do proceso relativo á planta de aluminio de San Cibrao. De acordo coa mesma fonte, a xuntanza, convocada polo secretario xeral de Industria e Peme, Raül Blanco, será por videoconferencia ás 16.00 horas.

O organismo de representación dos traballadores solicitara unha “reunión urxente” despois da mesa multilateral celebrada o pasado 22 de marzo, ao non haber avances entre Alcoa e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para o traspaso da fábrica de aluminio. Segundo se expuxo na xuntanza, a SEPI non contestou por agora a proposta de ‘term sheet’ (condicións xerais de venda) presentada pola multinacional. Están convocados tanto o comité como CC OO, CIG e UGT.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...