InicioOccidentalCervoCervo continúa a súa loita contra as velutinas

Cervo continúa a súa loita contra as velutinas

O rexedor e a edil de Medio Ambiente manterán este luns un encontro cos apicultores.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo continúa traballando cos apicultores do municipio na loita contra a vespa velutina.  Así, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, manterán un novo encontro o vindeiro luns, 3 de maio, no salón de plenos, coa veciñanza que posúe colmeas, a fin de avaliar a situación actual e a incidencia da velutina neste tempo.

Na xuntanza, segundo informa o concello nun comunicado, Villares e Méndez, entregarán produto atraínte de balde para que elaboren as trampas para as raíñas, “xa que está comprobado que durante a primavera é o mellor momento para facelo”.

O rexedor lembrou que, desde o ano 2017, entregouse con carácter periódico este líquido para que eles mesmos confeccionen as súas trampas; “xa que, tal e como confirmaron é o que lles resulta eficiente para ir capturando as raíñas” a fin de tentar reducir a formación de niños neste tempo.

A nosa intención é seguir traballando coordinadamente con eles para afrontar esta problemática, tal e como vimos facendo desde que temos constancia da presenza da velutina no noso municipio”, dixo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...