A organización do Resurrection Fest anunciou este luns que a banda estadounidense de trash metal Slayer ofrecerá o seu último concerto en España no festival de Viveiro.
O grupo californiano, considerado un dos grandes no seu estilo musical -xunto a Metallica, Anthrax e Megadeth– confirmou na pasada primavera que se despedirá dos escenarios cun tour mundial.
Slayer despedirase de España cun concerto no festival viveirense, que se celebrará entre o 3 e o 6 de xullo. A banda actuou no Resu do 2013.
https://www.youtube.com/watch?v=H2OjbS_GnS4
Na formación de Slayer fican dous de sus miembros originarios: o baixista e cantante chileno Tom Araya e o guitarrista Kerry King. O guitarrista Gary Holt e o baterista Paul Bostaph completan o cuarteto.
36 BANDAS CONFIRMADAS
A despedida da banda estadounidense será un dos grandes atractivos da edición de 2019, que contará coa presenza de Slipknot, Parkway Drive, Cradle of Filth ou Within Temptation.
Así, son 36 as bandas confirmadas polo momento pola organización.