InicioCulturaSlayer ofrecerá o seu último concerto en España no Resurrection Fest

Slayer ofrecerá o seu último concerto en España no Resurrection Fest

A banda californiana de trash metal despídese dos escenarios cun tour mundial que pasará por Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Resurrection Fest anunciou este luns que a banda estadounidense de trash metal Slayer ofrecerá o seu último concerto en España no festival de Viveiro.

O grupo californiano, considerado un dos grandes no seu estilo musical -xunto a Metallica, Anthrax e Megadeth– confirmou na pasada primavera que se despedirá dos escenarios cun tour mundial.

Slayer despedirase de España cun concerto no festival viveirense, que se celebrará entre o 3 e o 6 de xullo.  A banda actuou no Resu do 2013.

https://www.youtube.com/watch?v=H2OjbS_GnS4

Na formación de Slayer fican dous de sus miembros originarios: o baixista e cantante chileno Tom Araya e o guitarrista Kerry King. O guitarrista Gary Holt e o baterista Paul Bostaph completan o cuarteto.

36 BANDAS CONFIRMADAS

A despedida da banda estadounidense será un dos grandes atractivos da edición de 2019, que contará coa presenza de Slipknot, Parkway Drive, Cradle of Filth ou Within Temptation.

Así, son 36 as bandas confirmadas polo momento pola organización.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...