IniciosociedadeA Xunta declara o nivel medio de restricións en Viveiro e Cervo

A Xunta declara o nivel medio de restricións en Viveiro e Cervo

Haberá cambios nos aforos dos espazos e tamén na hostalaría.

Publicada o

- Advertisement -

O Comité Clínico da Xunta decidiu declarar o nivel de restrición media en Viveiro e Cervo. Unha situación que se produce polo aumento da incidencia da covid nos últimos días e implica unha redución no aforo dos eventos deportivos, da piscina, da biblioteca e do teatro que pasará a ser do 30%.

Tamén implicará un cambio na hostalería e restauración. Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 50% do aforo e tamén servizo no interior cunha ocupación do 30%. Non se poderá prestar servizo na barra.

O horario de peche ao público será ás 23:00 horas. Os restaurantes disporán da opción de ampliar o seu horario ata as 1:00 horas exclusivamente para o servizo de ceas, sempre que cumpran os requisitos establecidos e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.

Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ou ben servizo de entrega a domicilio ata as 1.00 horas. Non se producen cambios nas limitacións dos grupos de persoas, que se manteñen igual que ata o momento. Segundo a información facilitada este cambio de nivel entraría en vigor este sábado, 22 de maio, estando neste momento á espera da publicación correspondente no Diario Oficial de Galicia.

Dende o goberno municipal de Viveiro solicítase a todos os veciños e veciñas a máxima prudencia e o cumprimento de todas as medidas e limitacións establecidas, coa finalidade de evitar un incremento de contaxios e que a situación epidemiolóxica “mellore canto antes e poder volver, de novo, ao nivel anterior”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...