IniciosociedadeO policía de San Cibrao ferido nas protestas de Barcelona xubílase con...

O policía de San Cibrao ferido nas protestas de Barcelona xubílase con 45 anos

A mobilidade do seu brazo quedou afectada, ademais de perder moita forza, o que lle provoca dores e lle impide realizar o seu traballo.

Publicada o

- Advertisement -

O policía nacional Ángel Manuel Hernández formou parte do equipo que, desde Galicia, participou en Barcelona na contención dos disturbios rexistrados en outubro de 2019 tras a sentenza condenatoria aos líderes do procés e unha pedrada provocoulle lesións nun brazo. Feridas cuxas secuelas lle supuxeron, menos de dous anos despois e a unha idade de 45, a xubilación anticipada.

Natural de San Cibrao, aínda que destinado na Unidade de Intervención Policial (UIP) da Coruña, Ángel Manuel Hernández asegurou, nunha conversación con Europa Press, que o “mellor” que leva do corpo é o apoio e o agarimo dos seus compañeiros –como llo trasladaron publicamente o día no que se despediu nas dependencias de Lonzas–; pero distinta visión ten da actuación das autoridades e cargos máis políticos.

“Sentinme abandonado”, confesa, á vez que lembra que, agora, tras o vivido, tocaralle enfrontarse á “batalla burocrática” para que se lle recoñeza que a incapacidade que desemboca na súa xubilación non deriva dunha “enfermidade común” senón das lesións sufridas “en acto de servizo” en Barcelona. “E espero que isto tamén sirva para que ningún compañeiro teña que volver pasar por isto”, remarcou, tras lembrar o seu paso polo corpo, no que ingresou en 2006, para, catro anos despois, pasar a desempeñar o seu traballo na UIP.

En declaracións a Europa Press, lembrou que unha pedrada lle provocou unha fractura aberta nun óso do brazo, da que foi intervido xa nun hospital catalán. “Puxéronme unha placa e seis parafusos, pero o óso non soldou”, rememorou, antes de explicar que en novembro do ano pasado volveu ser intervido no Modelo da Coruña.

Neste caso, a intervención sanitaria si que serviu para que consolidase a fractura, pero a mobilidade do seu brazo quedou afectada, ademais de perder moita forza, o que, ademais de provocarlle dores, lle impide realizar o seu traballo.

“MARCHO CUNHA SENSACIÓN MÁIS AGRE QUE DOCE”

Nesta conxuntura, en decembro un tribunal médico recoñeceulle a incapacidade e agora ratificouse a xubilación. “Marcho cunha sensación máis agre que doce, porque nunca pensas que te vas xubilar así“, confesou, antes de concluír que é consciente de que a batalla burocrática que lle espera agora se pode prolongar “meses” e lembra o caso de Iván, o seu compañeiro de Vigo, quen sufriu tamén unha lesión grave nos disturbios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...