InicioOccidentalViveiroA Consellería do Mar critica a forte multa ao barco de Celeiro...

A Consellería do Mar critica a forte multa ao barco de Celeiro apresado en Irlanda

O patrón do palangreiro enfróntase a tres acusacións e está citado para unha nova vista o vindeiro martes, 8 de xuño, ante o Tribunal Penal de Cork.

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, censurou a fianza de 175.000 euros imposta ao pesqueiro galego Punta Candieira, apresado por Irlanda acusado de faenar dentro das 12 millas territoriais. “É a primeira vez que se lle pon unha sanción tan forte a un barco que faena no Gran Sol”, lamenta.

A preguntas dos xornalistas sobre o pesqueiro retido en Irlanda, Rosa Quintana dixo que espera que as autoridades irlandesas: “Respondan con fidelidade aos compromisos que temos entre todos”.

O pesqueiro ‘Punta Candieira’, con porto base en Celeiro, no municipio de Viveiro, foi apresado o pasado luns polo Servizo Naval de Irlanda por supostas “infraccións” das normas de pesca.

Os feitos ocorreron o pasado 28 de maio, cando o pesqueiro galego, segundo a acusación, atopábase faenando en augas de xurisdición irlandesa, dentro das 12 millas territoriais. Ese día tivo un incidente co barco irlandés ‘Lours de Mers’, que alertou do sucedido. O patrón do palangreiro enfróntase a tres acusacións e está citado para unha nova vista o vindeiro martes, 8 de xuño, ante o Tribunal Penal de Cork.

“ERRO”

Rosa Quintana explicou que levan en contacto coa embaixada española en Irlanda desde o luns. Para a conselleira este incidente trataríase de “un erro” se realmente se comproba que o pesqueiro galego non entrou nas 12 millas, algo que terá que determinar a caixa azul.

Segundo expón a conselleira, as autoridades irlandesa están a inspeccionar en profundidade o barco, pero afirmou que “todos barcos galegos cumpren todas as medidas e que este barco está ben”.

Pola súa banda, fontes do Ministerio de Exteriores trasladaron a Europa Press que realizan un seguimento do caso e manteñen contactos a distintos niveis desde que se produciu a detención do buque.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...