InicioOccidentalViveiroPoderase solucionar o problema cos lobos?

Poderase solucionar o problema cos lobos?

A alcaldesa remitiulle unha carta á responsable autonómica de Medio Ambiente para tentar solventar este problema.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, pediulle unha reunión á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, co obxectivo de tratar a problemática do lobo que está a afectar ao municipio.

Dende o Concello de Viveiro explican a problemática situación que acontece dende hai meses e que se está agravando dende hai un tempo derivada dos animais que aparecen atacados polo lobo, como ovellas, vacas ou cans, e outros que desaparecen. Unha situación que afecta á provincia de Lugo, e concretamente, entre outros, ao Concello de Viveiro.

Ante esta situación, representantes de varios concellos da Mariña de Lugo e do Concello de Muras mantiveron unha reunión na que decidiron enviar un escrito, asinado por todos á Consellería de Medio Ambiente, así como ao Ministerio. Porén, a día de hoxe, aínda non se recibiu resposta.

Nos últimos tempos a situación empeorou, ademais de sucederse os ataques no rural, cada vez estanse incrementando máis na zona urbana, con proximidade ás vivendas, co perigo que esta situación pode implicar non só para os animais domésticos senón tamén para as persoas.

O Concello de Viveiro, dada a preocupación e inquietude por parte dos veciños, considera necesario facer unha valoración da situación. Deste modo, a alcaldesa de Viveiro remitiulle unha carta á responsable autonómica de Medio Ambiente na que explica a problemática do lobo e pedíndolle unha reunión á maior brevidade posible.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...