IniciosociedadeO Comité acusa ao Goberno de "non buscar saídas" á situación de...

O Comité acusa ao Goberno de “non buscar saídas” á situación de Alcoa e agardar “o que diga a Xustiza”

"As multinacionais son unhas auténticas arpías, uns chupópteros do financiamento industrial, do financiamento estatal e autonómico, pero quen lles permite facer todo isto e xogar ao seu favor é o Goberno de España", di José Antonio Zan.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, cargou de novo este luns contra o Goberno central, do que suxire certa conivencia coa multinacional americana do aluminio. Así, censurou que o Executivo central fíe a resolución ao que ditamine a Xustiza e “sigan sen porse en contacto” cos traballadores.

“Seguen sen dicirnos nada, teñen paralizada toda a negociación, realmente parece que están de acordo con Alcoa, en como fan as cousas”, criticou. Zan acusou ao Goberno que preside Pedro Sánchez de que “non pon nada da súa parte para buscar unha saída á situación“. “E isto estanos levando a que a Mariña lucense teña que mobilizarse día si, e día tamén, para loitar polo seu futuro”, salientou.

As multinacionais son unhas auténticas arpías, uns chupópteros do financiamento industrial, do financiamento estatal e autonómico, pero quen lles permite facer todo isto e xogar ao seu favor é o Goberno de España, que tería que tomar unha decisión que eles mesmos puxeron encima da mesa”, destacou.

Zan desaprobou que “non pode ser que digan que suspendamos unha folga para pór a negociar á Sepi e agora a Sepi non queira comprar a empresa”. Así, avanzou que están a preparar unha gran mobilización para o 20 de outubro, cando o Tribunal Supremo abordará o ERE exposto pola compañía americana. “Ese día, que se saiba que chegamos ata aquí despois de case nove meses de enganos por parte do PSOE e do goberno de España”, remarcou.

SEGUEN “DESATENDENDO”

O presidente do comité de empresa sinalou, así mesmo, que “o Goberno de España e, sobre todo, a ministra de Industria (Reyes Maroto) seguen deixando en mans da xustiza a ver se se quitan o problema de encima e nos despiden a todos”. “É algo incrible o que está a pasar, este é un país que queremos ser de primeira clase pero que estamos a demostrar que temos políticos que son de quinta clase“, continuou.

Doutra banda, Zan valorou de forma “positiva” a mobilización que reuniu a miles de persoas en Viveiro, a pesar de que se sigan desatendendo por parte do Goberno estas reivindicacións e permaneza “enmudecido” ante esta situación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...