InicioOccidentalO Verán Xove inclúe actividades de ocio para todas as idades

O Verán Xove inclúe actividades de ocio para todas as idades

O programa de ocio do Concello consta de obradoiros, torneos ou unha viaxe ao Aquapark de Cerceda

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove presentou o programa Verán Xove 2018, que abarcará todo o período estival e que consta de diversas actividades deportivas, educativas ou medioambientais.

Entre os entretementos para os nenos máis pequenos destacan os xogos pre-deportivos, que se celebrarán martes e xoves, ou o curso de pádel. Os pequenos de a partir de dez anos poderán desfrutar de obradoiros de cociña e educación vial, aeróbic ou fitness. Para os adolescentes hai programados campamentos, competicións de paint-ball e viaxes, tanto ao Aquapark de Cerceda como ao kartódromo de Tapia de Casariego.

MAIORES

Pero o programa de ocio estival que propón o Concello non só atende á xente nova. Os maiores terán tamén o seu momento. Os luns e mércores poderán exercitarse con actividades físicas. Ademais, inclúense tamén ximnasia na piscina e talleres de memoria.

O alcalde, Demetrio Salgueiro, a edil de servizos sociais, Ana Abad, e Cristina Iglesias, concelleira de deportes, presentaron o evento.

O programa completo de Verán Xove: REVISTA VERÁN XOVE 2018

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...