InicioOccidentalO VicedoXornadas de memoria histórica e banda deseñada no Vicedo

Xornadas de memoria histórica e banda deseñada no Vicedo

O encontro “Memoria dun Tempo” analiza o vencello entre ambos mundos con charlas e un obradoiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Vicedo acolle un ano máis as Xornadas “Memoria dun Tempo” organizadas por Nordés, Asociación polo Desenvolvemento das Terras da Faladora. Os encontros suman xa doce edicións con esta orientadas á divulgación e recuperación da memoria histórica, feito que trouxo relatorios, produtos audiovisuais, música e poesía para darlle forma aos contidos de cada unha das xornadas.

De feito, e segundo apuntan dende a organización, nesta traxectoria “fomos vendo como outras formas de expresión artística estaban a ter cada vez maior importancia nesta difícil labor da recuperación da memoria histórica, que Nordés ten asumido xunto outros nas bisbarras do Ortegal e A Mariña Occidental”. “Así, por exemplo, dende a Banda Deseñada ano tras ano xurden propostas novedosas, imaxinativas e creativas que ao tempo veñen a rescatar do esquecemento feitos e persoaxes desde a súa propia linguaxe”, inciden.

Neste sentido, a organización aproveita para convidar a debuxantes e persoas relacionadas coa producción e edición de BD para que xunto a autores doutros xéneros poidan gozar do cartel deste ano, que, na Casa da Cultura do Vicedo, arrincará o xoves 25 ás 19.00 con “Os berros da motocicleta”, unha banda deseñada sobre a vida de Josefina Arruti Viaño que compartirá espazo coa charla coa investigadora Montse Fajardo e o debuxante Fuco Prado.

Á mesma hora do día seguinte terá lugar o “Diálogo entre a literatura, a memoria e a BD” coas aportacións de Paula Carballeira, actriz e escritora, e Manél Cráneo, debuxante e editor. E o sábado ás 11 será o momento do obradoiro de banda deseñada co propio Manuel Cráneo, unha xornada de Balde que precisa de inscrición neste mail. Ao remate da actividade, ás 13:00h. desenvolverase na Ponte Vella do Barqueiro a décima Homenaxe a persoas republicanas e libertarias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...