IniciosociedadePrisión provisional sen fianza para o presunto agresor sexual dunha menor en...

Prisión provisional sen fianza para o presunto agresor sexual dunha menor en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido por supostamente agredir sexualmente unha menor no municipio de Cervo.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia este martes, o individudo está investigado por un delito de abuso sexual sobre unha menor de 16 anos. O home, veciño de Burela, foi detido pola Garda Civil o pasado luns na localidade na que reside.

Os feitos tiveron lugar a mediados do mes de agosto na localidade de Cervo durante a celebración da Queimada Popular, que tivo lugar o fin de semana do día 20. Por mor dunha denuncia presentada, a Garda Civil abriu unha investigación que culminou coa identificación deste home, maior de idade e que foi arrestado o luns.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...