Alcoa convoca ao comité de Cervo este mércores para abordar o investimento no forno de cocción en aluminio

Factoría de Alcoa / GC

Alcoa convocou ao comité de empresa de Cervo para este mércores 30 co obxectivo de abordar a desviación prevista nas obras do forno de cocción na planta de aluminio.

A multinacional informou dunha “desviación” con respecto aos investimentos previstos na planta de 78 millóns, sen contar cos 10 que se corresponden coa subestación illada de gas (GIS). Sobre a actualización do acordo, as partes acordaron que a multinacional fixese esta nova convocatoria para renegociar estas novas condicións.

Segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, o “diñeiro a maiores” son 78 millóns “sen contar os 10 millóns que se van a gastar no GIS, que xa está aprobada”. “Tamén están aprobadas as mesas de coada de fundición e só quédannos dous proxectos por aprobar, con desviacións bastante grandes”, segundo advertiu Zan.

Neste sentido, apuntou ás barras de compensación, que pasan de 12 a 18 millóns de custo, e ao forno de cocción, “que pasaría a custar uns 109 millóns, segundo dinos Alcoa”.

“Esta gran desviación do forno de cocción tamén sería en tempo. Non chegaría para o 1 de xaneiro de 2024. Están a falar do primeiro trimestre de 2025″, destacou. En calquera caso, engadiu que “esta desviación non afectaría ao rearranque”. “Iso segue firme e para nós é fundamental”, subliñou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here