InicioOccidentalCervoCervo entrega os premios do concurso de postais de Nadal e do...

Cervo entrega os premios do concurso de postais de Nadal e do Día do Libro

O rexedor, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, fixeron entrega dun pequeno agasallo a cada un dos participantes, e dos premios aos gañadores nas diferentes categorías.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo fixo entrega dos premios aos gañadores do XXII Concurso de Postais de Nadal e o Concurso do Día do Libro este sábado 17 de decembro, no Mercado de Nadal que se celebrou na Praza do Souto, en Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, fixeron entrega dun pequeno agasallo a cada un dos participantes, e dos premios aos gañadores nas diferentes categorías.

No XXII Concurso de Postais de Nadal resultaron gañadores Gael Pita, na categoría de 3-5 anos, Martina López, na categoría de 6-9 anos, e Claudia López, na categoría de 10-12 anos. Ademais, a postal realizada por Iria Baltar resultou a elixida para as felicitacións institucionais.

Neste acto tamén se levou a cabo a entrega de premios aos gañadores do Concurso do Día do Libro. Segundo o veredicto do xurado, na categoría infantil resultaron gañadores Jesús López, en primeiro lugar, Óscar López no segundo e, en terceiro lugar, deuse un empate entre Helena e Samuel. Na categoría primaria a gañadora foi Iria Baltar.

Por último, o primeiro premio da categoría de adultos foi para Tomás Mariño, o segundo premio para Bego López e o terceiro premio para Antonio López. Desde o Concello de Cervo felicitan a todos os gañadores e gañadoras e agradece a súa participación nos diferentes certames cos que pretende fomentar a arte e a cultura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...