InicioOccidentalCervoCervo abre este luns o prazo para participar no pedido de árbores...

Cervo abre este luns o prazo para participar no pedido de árbores froiteiras que tramita a delegación de Medio Ambiente

Tamén tres anos despois regresa o Callo Fest, organizado por Amigos da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar. O festival celébrase o último venres do ano dende 2017 co fin de despedir o ano ao ritmo de rock.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 23 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo.

CALLO FEST 

Tres anos despois regresa o Callo Fest, organizado por Amigos da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar. O festival celébrase o último venres do ano dende 2017 co fin de despedir o ano ao ritmo de rock.

Os concertos comezarán as 19:00H na carpa instalada na Praza dos Campos de San Cibrao e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos para todos os alí presentes.

O cartel deste ano esta formado polo grupo galego Broken Peach, que ofrece un toque persoal ás típicas versións de rock, funky, gospel e pop, fusionando música e espectáculos extravagantes e Mileth, unha banda que xorde na Mariña Lucense co obxetivo de combinar folk e pagan metal nacido das raíces máis fondas do folclore e do enxebrismo galegos.

Contarase tamén con Mi rollo es el rock, un clásico da comarca que versionará as mellores cancións de rock e heavy metal da historia, e dende portugal chega ao festival Hybrid Park, a xa coñecida banda que recorre os escenarios co seu tributo á mítica banda estadounidense Linkin Park.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...