InicioOccidentalCervoO parque eólico Piago de Naturgy, en Cervo, recibe a declaración favorable...

O parque eólico Piago de Naturgy, en Cervo, recibe a declaración favorable de impacto ambiental

Cun total de sete aeroxeradores e un investimento de case 28 millóns de euros, o parque eólico Piago, situado en Cervo, prevé unha potencia de 27,6 MW.

Publicada o

- Advertisement -

Naturgy obtivo a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable para o parque eólico Piago, que, segundo destaca, é o paso previo ao outorgamento da resolución de autorización administrativa e de construción “que permitirán, xunto coa obtención das licenzas de obra municipais, comezar os traballos de construción desta instalación”.

Cun total de sete aeroxeradores e un investimento de case 28 millóns de euros, o parque eólico Piago, situado en Cervo, prevé unha potencia de 27,6 MW.

A empresa prevé que produza ao ano 103 GWh, o que equivale a un consumo enerxético equivalente a máis de 29.500 fogares ao ano, e que evite a emisión anual de case 59.000 toneladas de CO2 á atmosfera.

Reivindica realizar “esforzos significativos” neste proxecto para “minimizar o impacto ambiental e priorizar a protección da contorna”.

Respecto diso, apunta que retirou un aeroxerador e modificou o trazado dos viarios de acceso para “limitar a afección aos hábitats de interese ambiental” e engade que adquiriu “compromisos para a preservación ambiental da contorna do proxecto”.

O proxecto inclúe, segundo resalta, a revegetación de terreos e o seguimento ambiental xornal dos mesmos durante a vida do parque.

A construción, operación e mantemento do parque xerarán, segundo as previsións de Naturgy, máis de 360 empregos directos e indirectos durante toda a vida do proxecto e os equipos técnicos da compañía, asegura, apoiaranse en empresas con base e persoal en Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...