- Advertisement -
O Concello de Cervo celebrou a Gala de Nadal na Praza dos Campos onde participaron varios grupos e corais. As actuacións estiveron a cargo de Fol do Raxal, Coral do CIT, Coral Terramar, Cantareiras Cordenaia (Airiños do Xunco), Grupo Mistura e A Rebolaxe.
Ademais, en San Cibrao estes días de Nadal, os nenos e nenas puideron aproveitar para gozar cos inchables e colchonetas, un elemento máis para que os pequenos tivesen días de descanso nestas datas.