InicioOccidentalCervoCervo comeza unha nova edición do taller de memoria este mes de...

Cervo comeza unha nova edición do taller de memoria este mes de xaneiro polas diferentes parroquias

Desde o Concello de Cevo resaltan a importancia desta actividade “máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo comeza o ano coa posta en marcha dun novo curso do taller de memoria que promove polas diferentes parroquias do municipio a delegación de Servizos Sociais que dirixe Pilar Armada.

As persoas interesadas en participar no taller que imparte a técnica do departamento, Elisabet Peña, poden anotarse no teléfono 982 59 51 57 ou, de xeito presencial, na Casa da Cultura de San Cibrao, a partir do próximo luns, 9 de xaneiro.

Tal e como apuntan, será preciso un mínimo de 6 alumnos/as para a celebración do taller en cada unha das parroquias. No caso da actividade de Cervo, este ano mudará de localización trasladándose a unha sala habilitada no edificio dos xulgados.

Ao longo do curso tal e como apunta Peña “traballaremos técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, ou a psicomotricidade”.

Villares e Armada, pola súa banda incidiron na importancia desta actividade “máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria; contribuíndo a mellorar o seu estado de ánimo, a súa autoestima, fomentando as relación sociais…; en definitiva, tentando mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...