InicioOccidentalCervoOs gandeiros de Cervo disporán dunha nova rede de comunicación inhalámbrica para...

Os gandeiros de Cervo disporán dunha nova rede de comunicación inhalámbrica para localizar os seus animais

O despregue desta rede de comunicación inhalámbrica por medio da instalación destas 5 antenas supón un investimento de case 6000 euros. 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de despregar unha nova rede de conectividade inhalámbrica (LoRaWAN) que nunha primeira fase permitirá facilitar o día a día dos gandeiros pero que ofrece múltiples posibilidades como o seguimento e rastreo de persoas maiores ou nenos e nenas, para contedores de auga intelixentes, sensorización de niveis de lixo, calidade da auga, sensorización de máquinas ou seguimento de persoas en rutas de sendeirismo, entre outras moitos usos.

O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde Dolores García Caramés, desprazáronse ata o local social de Trasbar, onde se instalou unha das cinco antenas que garantirán a cobertura  na totalidade do termo municipal, para coñecer en primeira persoa o funcionamento desta rede pública, que permitirá sumar ata 1000 dispositivos por antena sen problemas de sobrecarga.

Tal e como explicaron, esta iniciativa nace en colaboración co sector gandeiro que fará uso da rede para ter localizados e monitorizados en todo momento aos seus animais, que levarán incorporado un colar que lles ofrecerá todo tipo de información en tempo real. Pero, tal e como se dixo, os usos son moi diversos, “tamén para mellorar a eficiencia dos servizos públicos”.

O despregue desta rede de comunicación inhalámbrica por medio da instalación destas 5 antenas supón un investimento de case 6000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...