InicioOccidentalCervoCervo celebrará unha nova edición do campionato de tute e parchís no...

Cervo celebrará unha nova edición do campionato de tute e parchís no Día Internacional da Muller

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse está aberto dende este luns 16; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 20 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Cibrao ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.

As competicións comezarán o luns 23 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar e prolongaranse ata principios do mes de marzo.

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.

Dende o Concello de Cervo convidan a todas as veciñas interesadas na competición a acudir a esta nova edición que regresa tras dous anos sen poder ser celebrada a causa da pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...