Cervo ofrece árbores de froita para que as fincas sexan máis produtivas

A Delegación de Medio Ambiente recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 23 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo.


Está aberto o prazo para participar no pedido conxunto tramitado pola delegación de Medio Ambiente

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 23 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here