InicioOccidentalCervoO 27 de xaneiro abre o prazo para apuntarse ao obradoiro de...

O 27 de xaneiro abre o prazo para apuntarse ao obradoiro de teatro infantil e xuvenil en Cervo

A partir do luns, 30 de xaneiro, informarase aos anotados por vía telefónica.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, está a organizar a unha nova edición do obradoiro de teatro infantil.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.

Desde este martes queda aberto o prazo de inscrición ata o próximo venres 27 de xaneiro.

O obradoiro impartirase no Auditorio da Casa da Cultura e o horario estará determinado en función do número de nenos e nenas inscritos. A partir do luns, 30 de xaneiro, informarase aos anotados por vía telefónica.

Caramés destacou “o gran éxito que tivo ano tras ano esta iniciativa que se viu condicionada ultimamente pola pandemia, pero que recuperamos agora con moita ilusión e enerxías renovadas”. Trátase dunha actividade –engadiu- “lúdico-didáctica coa que pretendemos que os pequenos da casa pasen un anaco divertido, ao tempo que van adquirindo habilidades de comunicación e vencendo o medo escénico, presente inicialmente en moitos casos”.

Ao remate do curso, o alumnado do obradoiro presentará ante o público os froitos do traballo realizado a través dunha obra orixinal e inédita que representarán no auditorio da Casa da Cultura.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...