InicioOccidentalCervoCervo inviste 50.000 euros na mellora da Rúa dos Campos en San...

Cervo inviste 50.000 euros na mellora da Rúa dos Campos en San Cibrao

As obras foron financiadas integramente con fondos municipais.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata San Cibrao, para supervisar a actuación de mellora do firme da Rúa dos Campos, no centro da vila.

Tal e como explicaron, a actuación, que abrangue unha superficie de 1500 metros cadrados, supón un orzamento de preto de 50.000 euros-47.198 euros concretamente- financiados integramente con fondos municipais e responde ao obxectivo de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...