Cervo mellora as comunicacións entre os núcleos de Laxes, O Bidueiro e O Vilar en Sargadelos

O obxecto desta obra é realizar unha renovación do firme da zona, cubrindo todo o ancho da vía, o que proporcionará unha amplitude suficiente e mellorando a seguridade viaria.


O Concello de Cervo comezou os traballos de mellora da vía que transcorre polos núcleos de Laxes, O Bidueiro e a estrada de Vilar, na parroquia de Sargadelos, aumentando o seu ancho co obxectivo mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona.

O alcalde, Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para supervisar, en compañía do pedáneo Luis Peña, esta actuación que supón un orzamento que supera os 195.000 euros -195.107,52 concretamente- financiados con fondos do Plan Único.

O obxecto desta obra é realizar unha renovación do firme da zona, cubrindo todo o ancho da vía, o que proporcionará unha amplitude suficiente para o tránsito de vehículos en ámbalas dúas direccións, mellorando a seguridade viaria.

O rexedor destacou que “con esta actuación integral no anel de Sargadelos incidimos no concepto de humanización, como vimos facendo en todas a novas actuacións que levamos a cabo”; co obxectivo de facer as nosas vilas máis accesibles e seguras para a veciñanza.

Tal e como apuntou Villares “seguimos a traballar para equilibrar a balanza de servizos para que calquera persoa que viva nunha zona rural poida gozar das mesmas condicións que unha que viva nunha zona urbana”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here