InicioOccidentalCervoCampionato de tute e parchís en Cervo polo Día Internacional da Muller...

Campionato de tute e parchís en Cervo polo Día Internacional da Muller con medio cento de participantes

As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada categoría recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, conta cunha gran participación no xa tradicional campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

As partidas, que deron comezo o pasado luns 23 de xaneiro, prolongaranse ata o próximo mes de marzo e contan con ao redor de 40 mulleres do municipio, divididas en 11 parellas de tute e 8 parellas de parchís.

As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada categoría recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos o sábado 11 de marzo na cea do Día da Muller, que dará por finalizada a competición.

Dende o Concello de Cervo e, especialmente, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradecen a participación de todas as mulleres que forman parte do campionato e convidan a futuras xogadoras a participar en próximas edicións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...