InicioOccidentalCervoCervo dá inicio ás obras de mellora na accesibilidade na rúa de...

Cervo dá inicio ás obras de mellora na accesibilidade na rúa de Galdín en San Cibrao

Tal e como apuntou o alcalde, Alfonso Villares, con esta actuación pretendemos mellorar a accesibilidade da vía, conseguindo integrar a circulación tanto de vehículos como de peóns.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo vén de iniciar as obras de mellora de accesibilidade da rúa de Galdín, en San Cibrao. No día de hoxe, o alcalde Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para supervisar a actuación que supón un orzamento que supera os 100.000 euros -104.492 euros concretamente-, fondos procedentes do Plan Único.

Tal e como apuntou Villares, con esta actuación pretendemos mellorar a accesibilidade da vía, conseguindo integrar a circulación tanto de vehículos como de peóns.

Ademais, vaise substituír a rede de abastecemento existente, así como tamén se vai instalar unha nova rede de saneamento cun sistema de separación de pluviais e fecais. Por último, acometerase unha renovación do firme.

Esta obra, que naceu froito da comunicación coa veciñanza, –engadiu o rexedor- está en sintonía coa liña que vimos trazando desde o goberno municipal, “co obxectivo de ir incrementando a rede de infraestruturas básicas, apostando por espazos públicos de calidade, cómodos e accesibles para desfrute da veciñanza”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...