InicioOccidentalCervoEntrega de árbores froiteiras en Cervo nun acto celebrado no salón de...

Entrega de árbores froiteiras en Cervo nun acto celebrado no salón de actos da Casa do Concello

O número de exemplares entregados nesta ocasión foi 72 árbores solicitados pola veciñanza.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, fixeron entrega das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando desde hai varios anos.

Villares apuntou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, castiñeiros, limoeiros, aguacates, pexegueiros…

O número de exemplares entregados nesta ocasión foi 72 árbores solicitados pola veciñanza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...