InicioOccidentalCervoChega a campaña 'Separa con xeito para reciclar a feito' ao mercado...

Chega a campaña ‘Separa con xeito para reciclar a feito’ ao mercado de San Cibrao en Cervo

A consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos.

Publicada o

- Advertisement -

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez convidou á veciñanza a facer unha parada neste punto informativo “que reforza a liña que vimos marcando desde o Concello de Cervo en materia de sensibilización ambiental que inclúe campañas como o Coida Cervo, un plan integral de reforestación con especies autóctonas en fincas municipais, a campaña de compostaxe doméstica ou a recente adquisición dun mini punto móbil que imos desprazando polas diferentes parroquias para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos á cidadanía”, entre outras iniciativas didácticas.

Esta campaña, da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en colaboración con Ecoembes, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e da reciclaxe.

O obxectivo é pois, – explicou Méndez– “orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado, así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...