InicioCentralAlfozNova campaña de compostaxe en Alfoz mediante un convenio con Sogama

Nova campaña de compostaxe en Alfoz mediante un convenio con Sogama

Publicada o

- Advertisement -

Alfoz inicia unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica. O Concello de Alfoz ten asinado un convenio con Sogama a través do cal se subministran composteiros individuais e formación de como compostar os restos de comida, da horta e do xardín.

Deste xeito conséguese un abono de calidade e colaborar no coidado do medio ambiente ao reducir os residuos da fracción resto (contedor verde). Só hai que pasar polo Concello para facer a solicitude do composteiro. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext.2)

O Programa de Compostaxe está a ter moito éxito no municipio o cal é o resultado da colaboración e implicación da poboación no coidado do entorno, participando nesta e noutras iniciativas medioambientais no eido da xestión de residuos, coma a recollida porta a porta para o punto limpo ou os contedores específicos de aceite que recentemente incrementáronse pasando de 3 a 5 unidades repartidas en distintos puntos de Alfoz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...