A Xunta anunciou que prevé completar en 2023 a rede galega de infraestruturas para a xestión de materia órganica coas plantas de Cervo, Verín e Vilanova, cun investimento de 40 millóns de euros.
O Executivo galego sinalou que, en relación ás plantas de biorresiduos, xa está en funcionamento a de Cerceda e a de Cervo e Verín espérase que empecen a funcionar no primeiro semestre deste ano. Así, as de Cervo e Verín darán servizo, respectivamente, a 15 e 22 municipios. Mentres, a planta de Vilanova de Arousa estímase que entrará en servizo no último trimestre deste ano e dará servizo a 26 concellos.
No caso das plantas de transferencia de apoio, son de nova construción as da Lama, Arbo, Cee, Curtis, Ponteceso e Riotorto. Así, outro sete — A Rúa, Silleda, O Porriño, Vigo, Lugo e Narón — serán reformadas para adaptalas aos requisitos de tratamento destes residuos.
Ademais, a Xunta lembrou que as competencias en materia de xestión de residuos son das administracións local e que o Goberno galego colabora con eles para o cumprimento da lexislación vixente sobre a implantación da recollida diferenciada da materia orgánica contida nos residuos urbanos.