InicioOccidentalCervoA XXX Festa do Ourizo de Cervo celebrarase o 25 de marzo

A XXX Festa do Ourizo de Cervo celebrarase o 25 de marzo

O día da festa os locais participantes ofrecerán a tapa do concurso e outras moitas variedades aos visitantes durante toda a xornada.

Publicada o

- Advertisement -

A XXX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 25 de marzo, en San Cibrao. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como protagonista.

A cita foi presentada alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e por representantes da hostalería local que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.

Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Cibrao que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina e Aquelarre. O concurso será mañá, 17 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás 17:00 horas. O xurado, composto polos membros da asociación Cociñeiros Lugo, Jesús Villarino e Bruno Pena, e por Mar Orosa, chef do restaurante Oviedo (Ribadeo), decidirá cales son as tres tapas gañadoras. A entrega de premios será ás 19:00 horas na mesma Casa da Cultura.

O día da festa os locais participantes ofrecerán a tapa do concurso e outras moitas variedades aos visitantes durante toda a xornada. Haberá folletos informativos nos que se especifican algunhas das tapas que se poderán probar, e que terán como denominador común o ourizo.

Ademais, haberá sesión vermú desde as 14:00 horas a cargo de Louband Street Band, na carpa da Praza dos Campos, que fará pasarrúas tamén á tarde xunto a Los Támega. Xa pola noite, desde as 22:30 horas a disco móbil Duendeneta amenizará a velada coa orquestra Funçao Públika na Praza dos Campos.

Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e visitantes a participar nas diferentes actividades programadas con motivo desta festa declarada de Interese Turístico Galego desde o 2008.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...