InicioOccidentalCervoO local social do Burgo de Lieiro será obxecto de reformas e...

O local social do Burgo de Lieiro será obxecto de reformas e obras por parte do Concello de Cervo

O alcalde, Alfonso Villares, afondou en que esta actuación vai en consonancia coa liña argumental que vén marcando o Goberno municipal, de favorecer o asociacionismo.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e as edís de Obras, e Cultura, Mali Méndez e Dolores García Caramés, respectivamente, mantiveron un encontro con varios membros da asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro, a petición deles, no que abordaron diferentes cuestións de relevancia para o desenvolvemento da parroquia.

O encontro tivo lugar no Local Social do burgo, e tamén contou coa presenza dos técnicos, porque un dos temas nos que se fixo maior fincapé foi no de mellorar estas instalacións, en concreto a cuberta e os accesos do local social “para o que xa adquirimos un compromiso con eles e xa estamos a traballar na redacción do proxecto”, precisou o alcalde.

Villares afondou en que esta actuación vai en consonancia coa liña argumental que vén marcando o Goberno municipal, de favorecer o asociacionismo e o dinamismo nos diferentes burgos do Concello mantendo os locais públicos na mellor das condicións como lugares de encontro da veciñanza, para o seu uso e desfrute, e como epicentro das diferentes actividades lúdico, culturais e sociais que promoven ao longo do ano e que enchen de vida os diferentes recunchos do municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...