InicioOccidentalCervoCervo investirá máis de 300.000 euros no saneamento na parroquia de Rúa

Cervo investirá máis de 300.000 euros no saneamento na parroquia de Rúa

O orzamento inclúe a construción dunha nova depuradora nos terreos cedidos pola Comunidade de Montes, a que será a sétima do termo municipal.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo destinará máis de 300.000 euros (338.755 euros concretamente) para achegar a rede de saneamento á parroquia de Rúa.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, mantiveron un encontro co presidente e co secretario da Comunidade de Montes, Benedicto García e Miguel Álvarez, respectivamente, e co alcalde pedáneo da zona, Ramón Elemparte, para trasladarlles os pormenores da actuación que se desenvolverá nos vindeiros meses, nesta primeira fase que abrangue desde o Lugar da Granda ata o lugar do Pazo, máis dun quilómetro de rede de saneamento que dará servizo ás vivendas da zona, ao campo de fútbol e ao futuro pavillón proxectado.

O orzamento inclúe a construción dunha nova depuradora nos terreos cedidos pola Comunidade de Montes, a que será a sétima do termo municipal que complementará a rede de saneamento municipal formada na actualidade polas plantas depuradoras de Figueirido, A Senra, a de Cervo, a de San Cibrao, a de Trasbar e a de Castelo.

A actuación, tal e como explicaron, contempla a implantación dun sistema separativo de augas residuais e pluviais, coa construción de cunetas de formigón para canalizar as augas aos cursos naturais existentes na contorna ou a través da súa condución por tubaxes. Tamén se prevé dotar dun sistema público de abastecemento de auga a toda esta zona e contémplase a renovación integral da vía que une os citados núcleos  de A Granda  e O Pazo, e tamén na súa prolongación ata o lugar de Lombos, “coa intención de seguir a traballar na creación de espazos cada vez máis humanizados, cómodos e accesibles para a veciñanza no noso termo municipal, neste caso na nosa zona rural”, explicou o rexedor.

Villares puxo de manifesto que se trata dunha actuación importante para a veciñanza desta parroquia, un primeiro paso que nos permitirá achegar esta infraestrutura esencial a toda a parroquia dotándoa dunha rede de saneamento necesaria para seguir a mellorar os servizos das nosas zonas rurais, neste caso da parroquia de Rúa.

Quixo engadir o alcalde que “desde o noso equipo de goberno traballamos decididamente para que as inversións cheguen a cada recuncho do noso municipio”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...