InicioOccidentalCervoVolve Nordestía a San Cibrao para o primeiro día de abril

Volve Nordestía a San Cibrao para o primeiro día de abril

O rexedor Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Cibrao durante todo o día.

Publicada o

- Advertisement -

San Ciprián acollerá o sábado 1 de abril a VII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na carpa instalada na Praza dos Campos.

A cita, que non se celebraba desde o 2019, está organizada por A Rebolaxe coa colaboración económica e de material, do Concello de Cervo.

O rexedor Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Ciprián durante todo o día.

O programa arrinca ás 12:00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería, ás 15:00 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos e animación infantil a cargo de Miudiño, e un obradoiro de baile, ás 19:00 horas.

Como broche de ouro da xornada, ás 20:30 dará comezo o Festival cos concertos de Pelepau, Fransy, Davide e Cibrán e Comando Curuxás

Os tickets para o xantar popular estarán a disposición das persoas interesadas na Terraza O Noso Lar e en Hansel e Gretel ata o 31 de marzo, a un prezo de 13 euros; e o mesmo día na carpa da Praza dos Campos ata fin de existencias, por 15 euros.

Villares quixo darlle os parabéns á asociación A Rebolaxe por retomar este evento que é toda unha homenaxe á tradición e á cultura galega, ”co que desde o Concello, como vimos facendo sempre con todas as asocacións que enchen de vida as nosas vilas, prestamos toda a colaboración posible para que todos poidamos desfrutar desta xornada única na que a música, o baile e a diversión estarán garantidos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...