O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e varios membros do equipo de goberno, desprazáronse ata Río Cobo, para manter un encontro coa veciñanza da urbanización Vía Láctea, onde vén de executarse unha actuación de mellora integral da contorna, cuxo orzamento superou os 60.000 euros.
Tal e como sinalou Villares, coa obra conseguimos renovar por completo a imaxe da urbanización, “mellorando a accesibilidade e a seguridade na zona”; tamén se renovou parcialmente a rede de saneamento –separando augas residuais e pluviais- e executáronse novas beirarrúas, “mellorando substancialmente as condicións de accesibilidade e a seguridade, tanto do tráfico rodado como dos peóns”
Seguimos traballando –engadiu- para sumar espazos públicos cada vez máis humanizados e adaptados aos viandantes, como neste caso, e tamén “prestamos especial atención ás zonas axardinadas e de esparexemento “creando zonas verdes que lle outorgan, sen dúbida, unha imaxe máis agradable e estética a toda esta contorna”.